Dentro de pouco
deixarei de ser autómata;
abandonarei os saúdos metódicos,
as tarefas robóticas,
os paseos eléctricos ás escuras...
Botarei de menos
os sorrisos á alba,
a complicidade ininterrumpida
(pese á fin contractual),
as mensaxes encriptadas
decorando as paredes,
as reivindicacións xustificadas,
a colección de titulares
e os cafés ao sol...
(o noso avó Marx, os Beatles máis amarelos,
os ramos de renos rosas,
Don Quijote e Sancho Panza,
o home de estaño á procura de corazón,
as flores republicanas,
os cambios de turno na terraza de Mario,
"seguimos ERE que ERE" e
"León arde con Leonard"...).
Ao final vai ser que levo comigo
máis do que deixo,
pero
este é o momento
de
buscar outro camiño,
de
atopar unha vía distinta,
de
estar nun novo lugar,
de
alcanzar o universo...
(Que nos vaia -sempre- ben...)
miércoles, 8 de septiembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)